De violíns acuáticos
Ola a todxs!
Hoxe imos falar dos instrumentos da familia da corda fretada: violín, viola, violonchelo e contrabaixo. Chámase corda fretada porque para que soen, hai que facer vibrar as cordas cun ARCO.
Comezamos cun conto para os máis pequenos: "Música bajo el agua"
Estos instrumentos teñen algunhas partes cun nome moi curioso: caracol, noz, efes, ponte, cordas... Hai que engadir tamén o ARCO, que é co que se frotan as cordas. Estas son as súas partes:
O máis pequeno da familia, e polo tanto mais agudo, é o VIOLÍN. Fixádevos nesta peciña que hai partes nas que a violinista pellizca as cordas cos dedos, a ese efecto chámaselle PIZZICATO. Esta obra é o Zapateado de Pablo Sarasate, un gran violinista español que facía pezas ben complicadas:
O seguinte en tamaño é a VIOLA, polo tanto o seu son será un pouco máis grave que o violín. Tócase igual que o violín, apoiado no hombro. Se te fixas, seguro que notas que é un pouquiño mais grande e que non acada notas tan agudas como o facía o violín.
O seguinte é o VIOLONCHELO. É mais grande que os anteriores por iso hai que tocalo sentado. E como te imaxinas, o seu son é máis grave aínda.
Por último está o CONTRABAIXO. É tan grande que o hai que tocar de pé e o seu son é mooooi grave. Escoita, escoita...
O coñecido como CUARTETO DE CORDA, xeralmente está formado por dous violíns, unha viola e un violonchelo. Saberías recoñecelos neste vídeo???
As cordas son a familia máis numerosa nas orquestras. Sempre están situados os violíns á esquerda do director, despois as violas no centro, e á dereita os violonchelos e os contrabaixos.
O violín era o instrumento preferido dun compositor que xa coñecedes, Antonio Vivaldi, autor das Catro Estacións. Mirade a este xoven violinista tocando un fragmento do Verán... Que pasada, eh!?
Pero imos centrarnos aínda máis en reis, música e auga. Moitos anos antes, en 1717 alguen fixo algo parecido ao Rei Tralarí. Aconteceu en Inglaterra hai 300 anos. O rei Jorge quixo facer unha festa a bordo dunha barcaza polo río Támesis e encargoulle a Haendel a composición da música.
Río Támesis en Londres un día de festa
Georg Friedrich Haendel (1685-1759) foi un compositor alemán aínda que afincado en Inglaterra.
Haendel
O que fixo Haendel foi compoñer Música acuática (Water music). Dádevos conta que por aquel tempo non existían os móbiles, radios, etc. para escoitar música. E se querían escoitala, tíñana que facer eles ou levar os seus músicos. Así, Haendel iría co rei na barcaza e os músicos noutra preto do rei, interpretando a súa partitura.
Barcaza na que ían Haendel e o rei Jorge
Comentarios
Publicar un comentario