No Día Mundial dos Océanos
Cada 8 de xuño celébrase o
Día Mundial dos Océanos.
Son o pulmón do noso planeta, xerando a maior cantidade de osíxeno que respiramos, fonte de alimentos e mediciñas e unha parte esencial da biosfera.
Por iso a necesidade de coidalos.
Este día pretende concienciarnos e tamén mobilizar á poboación mundial sobre o respecto polos océanos.
#Sumatealaola
A diferencia entre mar e océano é a súa extensión. Os océanos son extensións de auga mais grandes que os mares. Ademáis, os mares están pechados, e os océanos son abertos e mais profundos. Os océanos e os mares ocupan un lugar predominante no noso planeta
Pero desgraciadamente a contaminación marina está moi presente nos nosos mares e océanos
En música tamén temos moitos temas relacionados co océano e os mares. Unha das composicións é O acuario, pertencente ao Carnaval dos Animais de Camile Saint-Saëns.
Tamén a outro francés, Claude Debussy, lle encantaba o mar e os océanos, de feito fixo algunha composición titulada O mar, sereas... ou esta que se chama A catedral sumerxida
Outra desas obras ten que ver con unha antiga lenda: El holandés errante, sónavos?
Ao mellor sónavos por unha peli moi famosa... Pero moito antes, o compositor alemán Richard Wagner, fixo unha ópera contando esta historia.
Neste fragmento, as rapazas do pobo e os mariñeiros festexan, ata que ven formas pantasmais traballando sobre a cuberta do buque (O holandés errante) e marchan todos atemorizados.
E que me dicides dos seus inquilinos. Algúns dos habitantes animados máis famosos do fondo oceánico son moi coñecidos:
Que vos parece se compartimos algunha foto do mar, algunha mensaxe sobre o coidado dos océanos ou mesmo algún debuxo do que vos suxire a música que vos propuxen...
Acougo polas vosas aportacións!
Comentarios
Publicar un comentario