Ir al contenido principal
As mensaxes dos nosos compañeiros (2)
Ola a todxs!!!
Sei que dixen que ía subir as vosas aportacións os venres, pero e que este venres é día festivo. O 1 de maio celebramos o Día Internacional do Traballador.
Esta semana recibín moitas cousas vosas e moi chulas. Mirade, mirade...
Marco (1º) e Noa (Inf.) mándannos este vídeo para celebrar o Día da Danza.
Que ritmo teñen e que ben o pasan!!
Iker de 6º mandou esta foto do DÍA DO LIBRO cunha mensaxe:
"A mellor aventura: un libro".
Canta razón ten!!!
Tamén sobre o Día do Libro, María de 6º envíanos esta foto tan chula con mensaxe incluida:
E Dani V. (5º) cóntanos este conto tan bonito que nos explica
"Cómo Conejo llegó a ser un conejo"
Prestade moita atención...
E Dani A. (2º) e Alex A. (4º), rodeados de contos, tamén nos animan a ler:
Por outra parte, temos dúas aportacións dos RETOS semanáis:
Érika (Inf.) e Alex (1º) tráennos esta versión tan rítmica de La Lechuza
Que ben o fan!
E Dani C. (2º) interpreta ao piano unha fantástica melodía chinesa:
Tamén a este reto se apuntou Aldara de 5º:
Dani C. (2º) e Martín C. (Inf.) animáronse co reto dos instrumentos musicais e enviaron estes dous debuxos dos seus instrumentos favoritos.
Que chulos!!
E aquí o ukelele de Noela (5º) e o saxofón de Gabriel (1º)
Menuda orquestra imos montar!!
Bravo, rapaces!!! Que alegría ver os vosos traballos!
A semana que ven haberá máis contidos no blogue para que fagades e vos animedes a compartir.
Aquí vos espero!!!
abandadoarmando@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario