No día internacional da DANZA

Boas!!
Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Acontece dende 1982 por iniciativa do Comité Internacional de Danza e proclamado pola UNESCO, que fixou o día 29 de abril como o Día Internacional da Danza. 


Pero, por que ese día? Pois porque foi cando naceu un bailarín moi importante: Jean-Georges Noverre (1727-1810).


O que pretenden con esta celebración é reunir a todos os que elexiron esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras culturais, políticas e éticas e celebrar a DANZA e a súa DIVERSIDADE.



Poir iso a Fundación Cidade da Cultura nos propón actividades en torno á danza. A través da Raposa Fedella poderemos realizar unha serie de Retos para este Día da Danza. Premede na seguinte ligazón: 

Os retos da Raposa Fedella


E que mellor xeito de celebrar o Día da Danza que bailando! Veña!
A mover o esqueleto!




Coma sempre, estades convidados a enviar as vosas propostas ao correo: abandadoarmando@gmail.com. 

Ao final da semana recopilarei as vosas aportacións e subireinas ao blogue


Comentarios

Entradas populares