As mensaxes dos nosos compañeiros (7)
Ola a todxs!!!
Hoxe estase a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.
Xa esta semana falamos do Día da Bicicleta, un medio de transporte moi respectuoso co medio ambiente e tamén, de paso, coa saúde. E o vindeiro luns celebraremos o Día Mundial dos Océanos.
Como vedes, toda unha serie de conmemoracións que poñen de manifesto a necesidade de coidar a nosa contorna. Así que se esta fin de semana queres facer unha mensaxe, mandar unha foto, facer un debuxo... sobre o coidado do Medio Ambiente estaría xenial que o mandarades!
Dende SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) dannos estos consellos:
http://www.sogama.gal/gl/campanha/recicla-t%C3%BAa-forma-de-vida
E AO FIN... CHEGOU O DÍA!!!
ESE DÍA QUE TODOS ESTABAMOS ACOUGANDO...
BOIMORTOVISIÓN!!!
No ano 2006 Las Ketchup representaron a España con este Bloody Mary que tan ben nos interpretan Lucía V(6º) e Carmen (2º)
En 2019 participou Mahmood con Soldi representando a Italia. Noela (5º) fainos esta espectacular posta en escena:
E neste 2020 Blas Cantó ía representar a España con este Universo que nos canta fantásticamente Gabriel (1º)
Encántanos recibir cousiñas aínda que sexa de hai tempo. Mirade a Andrea (2º) que nos fixo este cadro vivinte de "La lechera", un cadro do holandés Johannes Vermeer que podemos atopar no Rijksmuseum de Ámsterdam... e polo visto, tamén en Boimorto! ;)
Dani V (5º) explícanos as cores primarias e secundarias grazas a este gráfico que nos servirá para saber como podemos conseguir as cores secundarias misturando as tres primarias
Adri (1º) remítenos estes dous cadros tan famosos e fermosos: en primeiro lugar "Las meninas" de Velázquez, que se atopa en Madrid, no Museo do Prado
Carmen (2º) interprétanos A MUSA DOS VENTOS con este instrumento propio tan bonito
Voltando ao tema das abellas, Andrea (2º) enviounos un debuxo moi explicativo da organización das abellas na colmea:
Noa (Inf) e Marco (1º) colleron o teclado e non dubidaron en agasallarnos con esta interpretación da Musa dos Ventos:
Tamén ao piano, Dani V (5º) e Adri (1º) cántannos Lúa
E tamén Dani C (2º) nos interpreta esta canción
Dani A (2º) e Álex A(4º) decantáronse pola percusión e a frauta respectivamente, para ofrecernos estas versións da Musa dos Ventos
Xabi e Brais (2º)
Adri (1º) e Dani V(5º)
Marco (1º)
Noa (Inf)
Elisa (5º)
Aldara (5º)
Anxo (2º)
Martín (Inf)
Blas (2º)
E con respecto a Brasil, Dani V (5º) quere darnos unhas recomendacións con respecto a lugares, comidas e bailes... como non! a Lambada:
E Dani C (2º) exponnos os elementos máis característicos do Carnaval de Brasil, así coma os seus instrumentos
QUE MARABILLA!!!
SEGUIMOS TRABALLANDO, RAPACES!
ATA A VINDEIRA SEMANA, QUE VEN CON VIDEOCONTO EN DIRECTO INCLUIDO!
Comentarios
Publicar un comentario