Viaxamos a... CHINA
Ola a todxs!
Xa que a nosa última viaxe foi a Rusia, imos ir a outro gran país que está preto de Rusia: CHINA
A súa bandeira é toda vermella con cinco estrelas amarelas, unha delas máis grande que as outras. A súa capital é Pekín. China aínda que non é tan grande como Rusia é o país máis poboado do mundo. Case nada!
En China conviven os edificios máis tradicionais cos máis modernos. Escoita o seu himno, fai referencia a un dos monumentos máis importantes que ten:
O seu idioma é moi difícil para nós, tén unhas letras ben raras! Pero eu penso que somos capaces de aprender algunha palabra, probamos?
Un dos seus pintores máis coñecidos e famosos é Zhang Daqian. Mesmo Picasso chegou dicir del que era o mellor pintor de Oriente. Este é un dos seus cadros, gústache?
"Loto"
O loto é unha flor herbácea acuática moi típica en China:
Un dos instrumentos típicos de China é o GUZHENG, unha especie de cítara que pode ter de 16 a 26 cordas. Se pechamos os ollos e escoitamos atentamente, de seguro nos transporta a China Aquí está acompañado dun tambor. Por certo, fixádevos o que ten a chica nos dedos.
En China teñen outro calendario, o lunisolar. O próximo ano novo en China será o 12 de febreiro de 2021. Ese día as súas rúas énchense de xentes e todo se decora de cor vermella, xa que para eles é a cor da prosperidade e da boa sorte. Queredes saber por que o vermello é a súa cor favorita?
En China existen moitas lendas, que intentan explicar algo que pasou hai moito tempo en forma de conto. Unha destas lendas trata sobre a Muralla China, que é unha gran muralla de 21.200 metros de lonxitude que levou construila 11 séculos... Máis de 1.100 anos!!!
Gran Muralla China
Lenda sobre a Muralla China
Comentarios
Publicar un comentario