Viaxamos a... RUSIA
Ola a todxs!
Tendes a maleta feita?
Pois imos nada máis e nada menos que ao país máis grande do mundo:
A súa bandeira, vedes? é de cor vermella, azul e branca arriba. A súa capital é Moscú.
Pero aínda que é un dos países máis grandes, non vive tanta xente como poideramos pensar, xa que hai moitas zonas nas que é difícil vivir porque fai moito frío.
Hai edificios en Rusia moi diferentes aos nosos. Mirade este vídeo onde cantan o Himno ruso:
O idioma ruso ten unhas letras moi diferentes ás nosas. Animádesvos a aprender algunha palabra? ;)
Un dos seus edificios máis espectaculares e significativos é a Catedral de San Basilio, que está na Praza Roxa de Moscú. É unha pasada! mira, mira!
Un dos seus pintores máis coñecidos é VASILI KANDINSKY. Gustáballe moito a música e din que a través da pintura expresaba moitos sentimentos que a música lle espertaba. Utilizaba as figuras xeométricas, como podedes ver nesta COMPOSICIÓN 8.
[Animádesvos vos a facer un "kandinsky" propio?]
Un dos instrumentos típicos de Rusia é a Balalaika. Ten só tres cordas e é moi grande. Mirade como soa:
O baile e a danza teñen especial importancia no folklore e na cultura rusa. De feito no século XX aparece a Escola de Ballet ruso tal e como entendemos hoxe en día o ballet. A que vos sona esta canción? É a Danza do Azúcar do ballet El Cascanueces. Fijádevos como baila...
Pero tamén hai bailes populares. Mirade unha das súas danzas tradicionais máis coñecida:
Pero, que contos tradicionais len os nenos en Rusia? Pois un deles é EL PÁJARO DE FUEGO.
Foi o compositor ruso IGOR STRAVINSKY quen compuxo unha obra sobre este conto: El Pájaro de Fuego, que soa así (A ver que instrumentos vedes por ahí):
Esto recórdame que vós coñecedes a misión de EL PÁJARO DE FUEGO dos Little Einstein. Que mellor forma de rematar a nosa viaxe por Rusia que con unha MISIÓN!!
Ata a próxima!!! Paká! =D
Comentarios
Publicar un comentario