As mensaxes dos nosos compañeiros (3)

Ola a todxs!

En primeiro lugar, aquí tendes aos alumnos de 5º e 6º de Primaria animándonos a bailar. Gracias tamén a Lola, Carmen, Adri, Noa e Aroa, aos pais e demáis participantes, por colaborar con eles. Por suposto, ao cabalo de Iker e a Pika, o can bailarín de Sergio.

Moi ben, rapaces! =D


Unha semaniña mais aquí vos deixo as aportacións que chegaron ao correo abandadoarmando@gmail.com

Atentos para a semana que ven que será moi especial... 

Prepararémonos para festexar o DIA DAS LETRAS GALEGAS, que se celebra todos os anos o 17 de Maio. 

Xa estou argallando novos retos e tarefas... estade atentos!

Elisa de 5º interprétanos o Himno á Alegría coa frauta. Pode que se acordara que neste ano cúmprense os 250 anos do nacemento de Beethoven, autor desta mesma melodía, que forma parte da súa 9ª Sinfonía.
Bravo Elisa!!!


Do reto desta semana, de facer un cadro da obra que vos propuxen de Dvorak, temos as seguintes aportacións: 

1) Para Dani C (2º), a obra suxeriulle notas musicais no pentagrama e bolboretas de redor.
Que bonito!


2) A Carmen (2º) evocoulle a Alicia no País das Marabillas e fíxonos este fantástico debuxo da súa protagonista, Alicia: 



3) Lucía V (6º) escoitou a obra e veulle a mente unha orquestra interpretando a obra e xente ao redor bailando. Canto ambiente!!



4) Martín (Inf.) tamén optou polas notas musicais. Que ledicia e colorido desprende o seu cadro. Fantástico!!!


Cambiando de tema, Gabriel (2º) invítanos a bailar a Macarena con este vídeo tan chulo que fixo. Prestade atención e a mover o esqueleto!!!


Dani C (2º) está feito un artista e tamén traballa moito coa plastilina. Quixo compartir con nós as personaxes de Sonic que fixo. Mirade, mirade... que chulos!!!



E Alex (Inf.) ensínanos o gran artista que é amosándonos este porquiño-hucha que fixo cunha botella de plástico. Que bonito!!! 



A semana que ven máis e mellor!!! 

=D

Comentarios

Entradas populares