Bo venres a todxs!
Esta semana recibín moitas aportacións vosas. Velaquí van!
Comezamos coas obras de arte do noso museo particular. Grandes cadros sen movernos de Boimorto!
Aquí está Carmen (2º) representando o cadro de "La joven de la perla"
Marco (1º) foise ata o Museo do Luvre e tráenos esta "Mona Lisa"
E Noa (Inf) tamén fixo a súa versión!
Dani C (2º) sumouse a esta homenaxe ao cadro de Leonardo da Vinci
Grazas ao Día das Abellas descubrimos que temos entre nós un experto apicultor:
Blas (2º)
E resulta que Carmen (2º) e Lucía V (6º) exerceron como reporteiras e foron inmortalizar coa súa cámara unhas abellas que había preto da súa casa. Acompañan o reportaxe cos seguintes datos de interese: todas unhas xornalistas profesionais!
Aldara (5º) e Anxo (2º) envíannos estes dous debuxos de abellas:
Xabi (2º) envíanos este debuxo das abellas recollendo o polen:
E Brais (2º) con este debuxo da polinización tamén nos recorda as partes das prantas:
Nico C (1º) tamén nos agasalla cun debuxo moi colorido dunha abella
Noela (5º) e Gabriel (1º) envíannos estas fotografías de abellas
E o tema dos Dj's foi tremendísimo! Canto artista hai aquí... que temble David Gueta!
E que me dicides das panderetas?! Que panderetas tan fantásticas fixéchedes:
Alex (4º) e Dani A (2º):
María (3º):
Nico C (1º):
Tamén falamos da muiñeira
Aquí están Marco (1º) e Noa (Inf.) bailando esta muiñeira con tanto rítmo:
Pero non só bailaron, senón que nos cantan coa avoa este "Ven bailar Carmiña"
E como hai moito arte e moito artista en Boimorto, aquí Nico C (1º) enviounos este vídeo da súa homenaxe particular do Día da Danza, lembrádesvos? Mirade que marcha ten!
Polo Día da Familia, Noela (5º), Gabriel (1º) e a súa prima María (Inf) envíannos esta canción:
Martín C (Inf) pensou na familia e para ela lle quixo adicar este debuxo:
Que traballos tan fantásticos!!! Noraboa rapaces!
Seguide traballando así de ben!
Vémonos a semana que ven!
Comentarios
Publicar un comentario