Blog da clase de Música de Primaria do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto (A Coruña)
abandadoarmando@gmail.com
*Só se suben vídeos e imaxes co consentimento dos pais
Boas a todxs!!! Non pode rematar o mes de maio cun acontecemento xa histórico: Eurovisión!!
O festival xurdiu nos anos 1950. Europa estaba fragmentada e devastada trala II Guerra Mundial. Dende Suiza organízase un festival da canción internacional, retransmitido para todo o mundo.
Esta famosa melodía do festival ten unha orixe moi curiosa. A partitura chámase Te Deum e era dun compositor francés chamado Marc-Antoine Charpentier, que a fixo para a igrexa de Saint-Louis en París, co motivo da celebración do triunfo do exército do Reino de Francia na batalla de Steinkerque (1692).
O primeiro festival tivo lugar en Lugano (Suiza) en 1956. Dende aquela veuse realizando todos os anos... ata este ano!
España participa dende 1961 e gañou en dúas ocasións, e curiosamente dous anos consecutivos:
A primeira foi en Londres no ano 1968 coa canción La, la, la, interpretada por Massiel:
Ao ano seguinte gañou Salomé con Vivo cantando:
Pois ben, alá imos co reto de final de mes: imos facer un BOIMORTOVISIÓN.
- As cancións deben ser cancións cantadas no festival de Eurovisión (vale de calquer país e de calquer ano)
- Enviade as vosas cancións en vídeos que non superen o minuto de duración.
- É importante tamén a coreografía, escenografía e a vestimenta.
- Recordade que o importante é pasalo ben e facer algo divertido
Comentarios
Publicar un comentario