Dj's por un día
Bo día a todxs!!!
Hoxe imos falar un pouco da música electrónica. Este tipo de música emprega instrumentos musicais electrónicos para a súa produción e interpretación.
A súa historia comeza cando aparecen os primeiros aparatos electrónicos.
Mirade, este é un Theremin, un dos primeiros instrumentos electrónicos que apareceu. Inventouno Léon Theremin, un inventor ruso que comezou a crealo en 1920 e non o patentou ata 1928. Ten dúas antenas: unha controla a frecuencia (son máis agudo ou máis grave) e a outra a amplitude (volume). Para que soe alonxamos as mans máis ou menos das antenas, sen chegar a tocalas, e así modificamos tanto a frecuencia coma o volume.
Theremin
Os Sintetizadores teñen un teclado con moitos botóns, porque os sons son creados electrónicamente e poden ser modificados. Hoxe en día non son tan aparatosos coma os máis antigos, mirade:
Sintetizadores
Hoxe en día facemos música tamén co ordenador. Moitos programas permítennos crear melodías e composicións sen dispoñer de instrumentos musicais e sen precisar máis que unha persoa.
Aínda así, seguíronse creando moitos instrumentos electrónicos sorprendentes. Algúns deles son estes, mirade e escoitade que pasada!!!
Otomatone
Reactable
Arpa láser e sintetizadores
Comentarios
Publicar un comentario