Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Ola a todxs! 

O vindeiro domingo 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
É unha celebración que instaurou a Real Academia Galega no ano 1963 para homenaxear a escritores de lingua galega. 


Pero, por que ese día? Pois porque precisamente ese 17 de maio de 1963 cumpríanse 100 anos dende que se publicara en Vigo o primeiro exemplar de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro. Este libro marca o comezo do Rexurdimento cultural de Galicia.


Son xa, con este, 47 anos e 47 escritores os que tiveron a súa celebración.
Pero quen é o homenaxeado deste ano? Os alumnos do Colexio San Pío X de Ourense así nolo contan: 


Máis datos: 

s

A ver agora canto sabedes de Ricardo Carvalho Calero a través do xogo DON RIDARDO. Preme na ligazón: 




E coma no DÍA DAS LETRAS GALEGAS se exalta a literatura galega, que vos parece se lle poñemos tamén música galega? 

Esta é unha canción sobre un poema de Carvalho Calero "Teño unha dor"


Unha canción sobre o texto de Carvalho Calero "Deus"

Animádevos xunto coas vosas familias a enviar unha canción tradicional galega. Pregúntalle aos teus pais, avós, tíos... que nos ensinen algunha cantiga! 


Espero as vosas aportacións para subilas o venres e, deste xeito, poder festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, lendo un libro en galego e escoitando a nosa música tradicional!

É un bo plan, non si? ;)


abandadoarmando@gmail.com


Máis info: web Real Academia Galega https://academia.gal/letras-actual

Comentarios

Entradas populares