Blog da clase de Música de Primaria do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto (A Coruña)
abandadoarmando@gmail.com
*Só se suben vídeos e imaxes co consentimento dos pais
Ao igual que celebramos o Día de Europa todos os 9 de maio, tamén África ten o seu día, e é hoxe!!!
Vense celebrando dende o ano 1963 por iniciativa da Unión Africana África é un continente formado por 54 países. Sónache algún?
Seguro que sí!
Posúe unha gran DIVERSIDADE cultural con mais de 2.000 etnias
Ademáis das linguas que quedaron das conquistas coma o árabe, o francés ou o inglés, en África fálanse unhas 1700 linguas autóctonas nos distintos territorios.
En canto á relixión, predominan as relixións tradicionais africanas, chamadas animistas, porque cren nos espíritus de obxectos animados ou inanimados. Tamén atopamos o Islam ou o Cristinanismo.
En canto a xeografía, mirade canta riqueza paisaxística ten África: dende desertos, sabanas, selvas,...
Mirade que paixaxes...
Pero ademáis de paisaxes en África tamén hai cidades moi importantes.
Nestes ecosistemas atoparemos algúns animais que non son tan habituais para nós:
Un conto africano é o de Malaika a princesa que conta a orixe dos baobabs, estas árbores tan características que medran na illa de Madagaskar.
Ao ser un continente tan grande e con tanta DIVERSIDADE tamén os instrumentos que imos atopar alí, van ser moitos e moi variados dunha zona a outra.
Imos aprender unha canción africana que aos de 2º seguro lles sona. É unha canción de berce, para arrolar aos bebés para que durman. Podedes cantala:
E falando de África, Madagaskar... moitas películas están ambientadas en África, lembrades algunha? Seguro que si...
Como África é un continente tan grande, convídote a que o sigas descubrindo e mandes algunha información ou contido interesante dalgún dos países africanos que máis che chamara a atención.
Comentarios
Publicar un comentario