No Día Internacional dos Museos 2020

Bo día a todxs!


Todos os 18 de maio celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. Este ano escolleron unha temática que de seguro nos sona: "Museos para a IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN", un tema co que vimos traballando xa dende o ano pasado no cole. 


Cada ano dende 1977 o ICOM organiza o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS. O obxectivo é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así coma para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. 


O ano pasado participaron 37.000 museos de 158 países e territorios. Case nada!!!


Xa noutra ocasión fomos de Museos no blog, e hoxe o reto tamén vai de museos. Atención!!!

Tendes que facer a vosa versión dun cadro famoso, é dicir, pintar vós un cadro famoso. Ou ben, recrear un cadro famoso, é dicir, sacar unha fotografía intentando imitar os elementos e a paisaxe que aparecen nun cadro famoso. Nos dous casos intentade indicar o nome do cadro, o seu autor e o museo no que se atopa. Entendido???





Pois veña, a visitar museos de forma virtual e a escoller un cadro!!! 
Aquí vos espero: abandadoarmando@gmail.com

Ata a próxima!!!

Comentarios

Entradas populares