No Día Mundial das Abellas

Bo día a todxs!!!

Todos os anos, o 20 de maio, celébrase o DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS. Estableceuno a ONU, para concienciar ás persoas da importancia destes polinizadores, das ameazas ás que se enfrontan e da súa contribución ao desenvolvemento sostible. Tamén aquí teñen cabida as bolboretas, os colibrís, ou mesmo os morcegos, que favorecen que moitas plantas se poidan reproducir e tamén moitos cultivos alimentarios. 

Se queredes saber máis cousas, convídovos a que visitedes a páxina web do Museo Vivente do Mel de Portodemouros. Alí atoparás moita máis información sobre as abellas: 

O Enredo do abelleiro http://www.abelleiro.com/

En música queremos tamén homenaxear a este magnífico insecto cunha obra que fixo un compositor ruso que xa mencionamos nalgún momento: Nicolai Rimsky-Korsakov, que escribiu esta obra chamada O voo do abellón

Mirade, mirade, este abellón dalle moito traballo aos músicos, que rápido teñen que mover os dedos!!!

Velaquí o noso abellón coa música de Rimsky-Korsakov

Que mellor forma que pasar este día que vendo a peli Bee Movie

Anímate a enviarnos debuxos e información sobre as abellas. Incluso se tés unha colmea na casa, pódesnos contar algo sobre elas, enviar unha foto... eso sí, con coidado e moito agarimo para que non se sintan atacadas! ;)

abandadoarmando@gmail.com


Comentarios

Entradas populares