Blog da clase de Música de Primaria do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto (A Coruña)
abandadoarmando@gmail.com
*Só se suben vídeos e imaxes co consentimento dos pais
Xa que estamos na semana das Letras Galegas e poñendo música galega, non pode faltar un instrumento moi importante en Galicia: A PANDERETA, que tanto acompaña as nósas melodías.
A pandereta, como vós moi ben sabedes, é un instrumento de percusión porque o hai que golpear para que sone. E dentro da percusión é de parche, xa que ten unha pel que cubre o seu aro e é onde hai que bater coas mans.As partes da pandereta entón son: o parche, o aro e as ferreñas.
As pandeiretas constrúense cunha pequena táboa de piñeiro, nogueira ou outra madeira adecuada, curvada nun cilindro dentado ou con lume, que se monta nos seus extremos e se asegura con puntas para darlle a forma circular. Nesta parte, igual que nas pandeiras, situábase antigamente un furado para introducir o polgar da man que sostiña a pandeireta; nos instrumentos máis modernos este furado é substituído por un rebaixe.
Un dos seus lados recóbrese cunha pelica de cabra, castrón ou ovella que pasa por baixo dun ariño que vai cravado no marco. Para aloxar as ferreñas o marco leva uns furados rectangulares, alternos, normalmente nove, chamándose así estes instrumentos “pandeiretas de nove pares” e construíndose actualmente tamén de once e trece pares.
Que vos parece se nos poñemos mans á obra e construimos a nosa pandereta das Letras Galegas?
Aquí vos deixo un vídeo. O mellor é que vos axuden os maiores e despois poderedes decorala ben bonita e eniarme a foto!
A ver como soan as nosas pandeiretas? Collédea coa man dereita e tocádea coas xemas dos dedos da esquerda. Listo? Pois imos acompañar a Xabier Díaz no Baile de Noró
Acougo polas vosas fotografías de panderetas super-chulas e decoradas:
Comentarios
Publicar un comentario