RETO 3: imos de museos
Ola a todxs!
Hoxe gustaríame levarvos ver cuadros a un museo. Ademáis, como falamos a semana pasada de Rusia e xa coñecedes moitas cousas deste GRAN país, imos ver que gran idea tivo o compositor ruso Modest MUSSORGSKY...
(costa pronuncialo, eh?)
MUSSORGSKY era moi amigo do pintor Viktor HARTMAN. Hartman morreu e organizaron unha exposición con todos os seus cadros. Mussorgsky, como unha forma de agasallar ao seu amigo pintor, decidiu compoñer a música para a exposición. Son 10 cadros e para cada un fixo unha composición. Nós imos ver uns cuantos.
Cuadros de una exposición de M. Mussorgsky
1) Pero vamos por partes: Mussorgsky usa unha melodía para o PASEO, é dicir, ese fragmento indica que andamos polo museo. Vai aparecer cada vez que cambiemos dun cadro a outro. Mira, podemos marcar os pasos mentres andamos:
2) O primeiro cadro no que nos detemos é GNOMOS. Uns seres fantásticos que habitan nos bosques, que se van movendo dun lado a outro dando pasiños rápidos e agochándose tralas árbores:
3) Outro dos cadros é o do Ballet dos pitiños na súa cáscara. Aparecen uns nenos disfrazados de pitiños na súa cáscara. Mussorgsky imaxina que están bailando todos xuntos. Moi parecidos a nós nos festivais do cole!
4) O último cuadro co que remata a exposición é a GRAN PORTA DE KIEV. Un monumento que non se chegou a construir pero que estaba proxectado. Unha gran porta para honrar ao Zar Alexander II.
Pero sabes que? Que nestes días de confinamento podemos visitar moitos museos moi importantes. Si, si, así como cho conto!
O Museo do Prado en Madrid, garda uns cadros moi espectaculares de pintores españois e extranxeiros. Mirade, mirade... E tamén ten xogos en familia:
E moitos outros museos de Madrid, e ata edificios e lugares da capital. É coma viaxar pero dende a casa!
https://www.livingmadrid.com/museos-de-madrid-360/
O museo mais visitado do mundo é o Museo do Luvre en París (Francia). Premendo nesta ligazón tamén tés visitas e xogos. Ademáis alí gárdase un dos cadros máis famosos do mundo... a ver se averiguas cal é???
Sen darnos conta fomos ata Madrid e París, case nada! =D
Ben, pois ahí vai o RETO desta semana. Agora que somos expertos en música e pintura, preciso que fagades un cadro do que vos suxire esta obra musical. Imos facer algo parecido ao que fixo Mussorgsky: facer un cadro para unha peza musical. Para eso, primeiro escóitaa atentamente e imaxina unha historia. Despois vólvela a poñer e comezas a debuxar.
Espero os vosos cadros! Enviádemos á abandadoarmando@gmail.com e o venres faremos unha gran exposición con todos os cadros aquí, no blog. Vamos artistas! =D
https://www.livingmadrid.com/museos-de-madrid-360/
O museo mais visitado do mundo é o Museo do Luvre en París (Francia). Premendo nesta ligazón tamén tés visitas e xogos. Ademáis alí gárdase un dos cadros máis famosos do mundo... a ver se averiguas cal é???


Comentarios
Publicar un comentario