Ritmo e melodía

Boas a todxs!

Imos repasar un pouquiño os ritmos e as notas, para non esquecernos.
O primeiro exercicio é moi sinxeliño: cada vez que o Pequeno Mozart chegue a unha negra, damos unha palmada... Atentos eh?!

Este tren está cheo de negras e corcheas, lembrades? Cando apareza unha negra (ta) damos unha palmada e cando veñan dúas corcheas xuntas, batemos nos xeonllos (titi)

Comezamos con ritmos. Collede unhas baquetas caseiras e un instrumento de percusión e, alá vamos:

E recordades aos nosos SUPERHEROES??? A ver se é verdade... 

E tamén as notas. Collede un instrumento melódico (que poida facer as melodías) e imos coas seguintes cancións:

Primeiro lembramos as notas da escala con esta canción que tanto vos gusta

E aquí deixo un xogo interactivo para lembrar as notas:

https://aprendomusica.com/const2/20aprendonotasnivel3/aprendonotasnivel3.html

Empezamos coas cancións:
Con SOL, LA, SI





E repasamos os instrumentos musicais con estes xogos online:

http://www.aprendomusica.com/swf/Memory_InstrumVientoNombres_esp.htm

http://www.aprendomusica.com/swf/Memory_InstrumCuerdaNombres_esp.htm

Se queredes mandar algún vídeo facendo algún dos exercicios, xa sabedes, aquí no email: 

abandadoarmando@gmail.com


Comentarios

Entradas populares