Viaxamos a... NORUEGA
Ola a todxs! Como estades?
Todos sabemos que aprendemos música estudiando, tocando... pero tamén escoitando.
Hoxe imos viaxar a un país europeo: Noruega. Vamos convidados por un músico e compositor noruego: EDVARD GRIEG e a súa obra "Peer Gynt"
A bandeira de Noruega é ben bonita, gústavos?
Esta versión do seu himno nacional é a capella, é dicir, está feito para ser cantado sen acompañamento de instrumentos. É vocal (cantado) e a varias voces (polifónico). Tamén teñen a versión instrumental.
O idioma noruego é moi característico. Mirade como sona:
Xunto con Suecia e Finlandia, forma a Península Escandinava. A súa capital é Oslo.
Dous elementos que podemos ver en Noruega e en poucos sitios máis son OS FIORDOS. Os fiordos son entrantes de mar nun val, que fan unha paisaxe espectacular
O segundo son as AURORAS BOREAIS. Trátase dun brillo especial no ceo nocturno que só acontece nas zonas polares do hemisferio Norte. Se fora no hemisferio sur chamaríanse auroras austrais. Mirade que fermosas:
Pois neste incrible país vivía Edvard Grieg
E digo vivía, porque naceu en 1843 e faleceu en 1907 (hai 113 anos que morreu). Pero acadou gran fama, e "Peer Gynt" é a súa obra máis coñecida.
Grieg era un namorado do seu país e gustáballe moito a música tradicional noruega. Por iso se adicou a estudala e a incorporar ese carácter á súa música.
Pero un día, un escritor tamén noruego, chamado Henrik Ibsen propúxolle a Grieg que compuxera a música para un libro que acabara de publicar, para acompañar a súa representación no teatro.
Este libro era precisamente "Peer Gynt". Vouvos contar a historia:
"Peer Gynt era un mozo que vivía nunha aldea. Era un pouco atrevido e non tiña medo ningún. Ás veces dáballe moitos disgustos á súa nai, Aase.
Un día Peer Gynt foi a unha boda e alí quedou namorado de Solveig, unha bela rapaza"
"A mañán"
"Pasou o tempo e certo día, Peer coñeceu á filla do Rei das Montañas de Dovre. Ela propúxolle casar e convertirse no príncipe. Guiado pola ambición e a avaricia, decidiu aceptar e ir con ela pero unha vez que viu os sacrificios que tiña que realizar, fuxiu de alí".
"Na cova do rei da montaña"
"Trala fuxida, atopouse con Solveig e os dous namoráronse. Pero un fatídico acontecemento provoca que Peer decida marchar: o falecemento da súa nai. Sen dubidalo, Peer Gynt colleu rumbo a África, onde conseguiu reunir unha importante fortuna.
África
"Pero de volta á casa o seu barco afundiu, perdendo todas as súas pertenzas. Pouco despois atópase co Fundidor, un ser que colle á xente avariciosa e egoísta e funde a súa alma xunto con metais preciosos. Só si Peer lle di algo que fixera na súa vida de corazón, se libraría desta condena. Nese momento aparece Solveig, a súa amada, que o rescata e o leva con ela"
Fin
Que vos pareceu? Gustouvos?
Pois agora imos repasar o ritmo con este fragmento de Peer Gynt cando está na cova do rei da montaña. Vamos a facer as corcheas nas rodillas (titi), as negras con palmada (ta) e a blanca cos pés no chan (tuu). Listxs??
Para os que se queiran animar con instrumentos, aquí vai a partitura da Mañán:
Moi ben!!!
Se queres mandar algún debuxo do conto, xa sabes: abandadoarmando@gmail.com
Ata a próxima!!!







Comentarios
Publicar un comentario