As mensaxes dos nosos compañeiros (8)

Ola a todxs!

Aquí van os traballiños recibidos esta semana.
Andrea (2º) enviou esta canción de Boimortovisión. Interpretouna a galega Lucía Pérez no ano 2011
Dani V (5º) canta a canción Todo esto es la música de Serafín Zubiri, que representou a España en 1992
Noa (Inf) cántanos a primeira canción española que gañou o concurso: Lalala de Massiel (1968)
E Marco entona este Algo pequeñito cantada por Daniel Diges no ano 2010

No Día do Medio Ambiente, Dani V (5º) e Adri (1º) envíannos estes debuxos que nos invitan a coidar a natureza
Carmen (2º) e Lucía V (6º) fannos esta pregunta tan necesaria
Dani C (2º) envíanos este debuxo tan bonito!

Dani V(5º) e Adri (1º) propóñennos estas cancións tan chulas para festexar o Día dos Océanos
Marco (1º) debuxounos este Bob Esponja cos seus amigos tan chulo
E Noa (Inf) tamén se animou con Bob Esponja!
Bob Esponja triunfa aló por onde vai. Mirade este gran Bob que nos fixo María (3º) con mensaxe incluida
Ou Anxo (2º) que se une a esta colección de Bob Esponxas

Xabi (2º) e Brais (2º) tamén nos remiten cousiñas tan bonitas coma estas: 


E Carmen (2º) e Lucía V (6º) fixeron estes peixiños feitos con goma eva, palliñas e un palillo no que puxeron os seus nomes. Que gran idea!!!

Aldara (5º) tamén nos remite algunha imaxe para concienciarnos deste gran problema que é a contaminación mariña
E en canto ás manualidades desta semana, mirade o que nos mandan Marco (1º) e Noa (Inf)


E Alex (Inf) fixo estas raniñas tan bonitas con cunchas! Que marabilla!
Aldara (5º)  como unha Gran Artista que é, enviounos esta proposta
Brais (2º) fixo esta espectacular decoración dunha pedra
E Xabi (2º) tamén nos sorprende con esta decoración! Que artistas!

Andrea (2º) fixo este acompañamento para A Musa dos Ventos con cascabeis, que bonito!
Seguimos a recibir imaxes do voso Día da Bicicleta, mirade a Andrea (2º)
Martín C (Inf) quere compartir con todos nós este debuxo do seu personaxe favorito: Bob Esponxa e a súa banda
E Dani C (2º) exponnos unha serie de figuriñas feitas por el mesmo con plastilina dos seus debuxos e dinosaurios favoritos
E para pechar... Dani C (2º) e Martín C (Inf) deiléitannos con este Dance Monkey tan animado!! Bravo rapaces!

ATA A SEMANA QUE VEN... A ÚLTIMA DE COLE!
AQUÍ NOS VEMOS PARA DESPEDIR O CURSO E DAR INICIO ÁS VACACIÓNS DE VERÁN!



Comentarios

Entradas populares