Cantamos á Lúa

Boas a todxs!!

Hoxe imos tocar e cantar en familia. Collede os vosos instrumentos que comezamos.
Empezamos co conto Lúa da editorial Kalandraka.

Os que xa sabedes ler as notas, aquí tendes a partitura para que a practiquedes:
As notas que imos tocar son: do, re, mi, fa, sol e la




Se tendes algún instrumento melódico (que pode facer melodías) podedes collelo. Por exemplo un teclado. Lembrades onde estaba a nota do??? Si, xusto a tecla antes das dúas negras que están xuntas.

Ou se tendes un xilófono ou metalófono: 

Mesmo coa frauta: 

Ou co ukelele:

Así que reunide ao maior número de músicos e cantantes da casa, repartide os papeles e os instrumentos, e enviade a vosa versión de Lúa ao email:
abandadoarmando@gmail.com


Comentarios

Entradas populares