CONTO EN DIRECTO
Ola a todxs!
Como vos comentei na entrada de Brasil da semana pasada, tiña previsto poñer o conto da Onça Pintada de Vero Rilo e Sonsoles Penadique.
Por problemas co vídeo, Vero prestouse a contárvolo en directo a través de videochamada.
Así que hoxe, 10 de xuño, ás 12h ímonos conectar a través da plataforma JITSI.
Rilo&Penadique unen a narración e a música.
Vero Rilo ten unha longa e consolidada traxectoria como contacontos. Educadora na Escola Semente, cursou estudos de iniciación ao teatro. Con Daboapipa moveu, cun formato que unía música e narración oral, diversos espectáculos para público infantil e adulto.
Mesmo colaborou coa cantante Guadi Galego na súa canción Recoñecéndome
Sonsoles Penadique é Licenciada en Historia do Arte na especialidade de Historia da Música e Patrimonio Artístico e diplomada en Educación Musical. Sempre estivo vinculada á música tradicional como bailadora, cantareira e gaiteira, e comezou a estudar acordeón diatónico no 2009. Traballou en distintos centros de Primaria, Secundaria e Conservatorios, e tamén é profesora de acordeón, canto, música e movemento e linguaxe musical.
Xuntáronse por "amor á literatura e á palabra dita co amor pola musica e o universo da infancia e, aquí estamos". Narran, cantan e musican historias, contos escoitados nalgures ou escritos nalgún libro, nacidos dende algún lugar do ser. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música, dando lugar a espectáculos de narración oral pra nenos e familias.
http://www.culturactiva.org/es/artista/rilo-penadique
Pois ben, repito as instruccións para poder acceder á VIDEOCHAMADA:
1) Entramos en JITSI: https://meet.jit.si/
2) Onde pon "comezar unha reunión" temos que poñer: CONTOBOIMORTO
3) Dámoslle a "ir" ou "go"
Por favor, teñamos paciencia todos coas tecnoloxías, se hai algún problema técnico. Aconséllase empregar auriculares para evitar ruidos e esperemos que nos poidamos ver sen inconvintes e disfrutar con Vero Rilo do conto.
Calquer dúbida que teñades, estarei dispoñible para resolvela en
Comentarios
Publicar un comentario