Viaxamos a... Brasil

Boas a todxs!!!

Penso que é moi bo momento para unha viaxe... que vos parece?
Polo de agora xa percorremos algún país de Europa, de Asia e tamén percorremos África... que vos parece se cruzamos o Océano Atlántico e imos ata o continente americano?

Imos ir ata Brasil

Esta é a bandeira e o seu himno:

Ao mellor entendeches algunha parte do himno, iso é porque o seu idioma oficial é o portugués, que ten moita semellanza co galego.Brasil atópase situado en América do Sur. É un país moi extenso, de feito é o 5º país mais grande do mundo, despois de Rusia (1º), Canadá (2º), Estados Unidos (3º) e China (4º).A súa capital é Brasilia, aínda que Sao Paulo é a cidade mais poboada.

O feito de que o Amazonas (o río máis longo e caudaloso do mundo) percorra o país, favorece que posúa gran diversidade de ecosistemas

Dous animais moi típicos en Brasil son os macacos e as onças pintadas, que aquí coñecemos mais coma xaguares. E falando de macacos e Onças Pintadas, teño un conto moi divertido para vós de Vero Rilo e Sonsoles Penadique, que xa as coñecedes ;-)


Pero imos ver 5 lugares sorprendentes deste país, mirade, mirade!

No que respecta á música, os instrumentos que predominan na cultura brasileira son os de percusión. Un xénero musical brasileiro é a Samba.

Unha disciplina moi típica en Brasil é a CAPOEIRA, un arte marcial afro-brasileño que mestura danza, música e acrobacias. Non chegan a tocarse, aínda que pareza unha pelexa. Trátase dunha coreografía. 

A Capoeira acompáñase de instrumentos típicos

Un baile é o Afoxé. De seguro o podedes bailar moi ben... é moi divertido:

E fáltanos coñecer unha canción... Trátase de Samba Lelè

Se queres compartir con todos algún dato sobre este fantástico país, cantar ou tocar algunha canción brasileira, xa sabes! Agardo as túas aportacións: 

ÚLTIMA HORA: ATENCIÓN A TODOS!! POR PROBLEMAS TÉCNICOS CO VÍDEO DA ONÇA PINTADA DE VERO RILO E SONSOLES PENADIQUE, VAINOS CONTAR VERO O CONTO EN DIRECTO E ONLINE O VINDEIRO MÉRCORES 10 DE XUÑO ÁS 12H. 
ATENTOS QUE VOS FAREI CHEGAR AS INSTRUCCIÓNS!


Comentarios

Entradas populares