Viaxamos a Oceanía
Ola a todxs!
Hoxe imos ter que viaxar ben lonxe, estades preparados?
Imos descubrir o continente máis pequeno do planeta: Oceanía
Este continente atópase no Océano Pacífico. Está formado por Australia, as illas de Nova Guinea, Nova Zelanda e os arquipélagos de Melanesia, Micronesia e Polinesia.
O territorio máis extenso é Australia. A súa capital é Canberra aínda que Sidney é a cidade máis poboada. Fálase o inglés aínda que tamén existen linguas indíxenas. A súa moneda é o dólar australiano.
Nova Zelanda é a seguinte illa en extensión. A súa capital é Wellingtong aínda que a cidade mais habitada é Auckland. Fálase o inglés, maorí e unha lingua de señas neozelandesa.
Un dos lugares máis espectaculares de Oceanía é a Illa de Pascua. Tamén coñecida como Rapa Nui, é unha illa de Chile aínda que estea ubicada na Polinesia (Oceanía). A súa capital é Hanga Roa.
Pero o máis curioso desta illa é que posúe un gran misterio. Unhas grandes estatuas sorprendentes
Queredes escoitar e ver un conto australiano? Mirade esta lenda do canguro e do cazador.
E que me dicides da canción australiana Kookaburra! Cantámola en inglés?
En canto á música, tamén posúe instrumentos e unha tradición moi curiosa:
Sen dúbida un dos máis representativos é o DIDJERIDOO. Mirade que son tan curioso emite
Lembrades algunha peli que trate sobre algún país de Oceanía? Eu creo que si sabedes... En concreto alguén que ten que ir a Australia, a Sidney, a buscar ao seu fillo...
Anímovos a que sigades investigando máis cousas deste incrible territorio! É sorprendente!
=D
Comentarios
Publicar un comentario