O outono e as castañas

 Ola a todos!

Un producto típico do Outono son AS CASTAÑAS


castaña é o froito do castiñeiro

Preséntase nunha cápsula espiñenta que contén de 2 a 7 castañas.



As castañas son unha importante fonte de alimentación.

As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Galicia ademais de asadas adoitan comerse cocidas con sal e herbas.

En outono en Galicia celebramos o MAGOSTO: é a festa da recollida da castaña.



Non sei a vós... pero a min estanme entrando unhas ganas de castañas... 😋

Comentarios

Entradas populares