Achégase o SAMAÍN!
Xa camiñamos cara ao final do mes de outubro, o que significa que...
o Samaín xa está a piques de chegar!
Cando chega a noite e o reloxo marca as 12 da noite...
comeza todo!
Conta a lenda que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, os esqueletos, vampiros, bruxas... e demáis seres de ultratumba, saen e mestúranse entre a xente que, disfrazada con traxes terroríficos, celebra a noite de Haloween.
E que esta noite, os esqueletos non queren ir para a cama...
En Mexico, por exemplo, enchen con candeas as rúas das vilas para mostrarlle o camiño aos seres queridos que xa non están entre nós, que veñen esa noite para estar ao noso carón. Lémbraste da película Coco???
E en EEUU os nenos van polas casas, chamando as portas e preguntando "Truco ou trato??"
A familia máis terrorífica, sen dúbida, é a FAMILIA ADAMS, coñécela???
Con dous vasos podemos facer a canción da Familia Adams...
Estades listos?
Pero tamén sen vasos... chiscando os dedos e con palmadas (cando aparecen as cabazas), coma no seguinte vídeo...
Agora atención!!! Imos cun pouco de percusión!!!
O que é verdade é que é un día para festexar, para disfrazarse e pasalo terroríficamente ben!
Veña a cantar!!!
Un cantante moi famoso, Michael Jackson, aló polo ano 1984 (hai 36 anos) sacou a canción Thriller, moi axeitada para estas datas... 🧟
(Mete medo... 😫)
RECORDADE: Se queredes enviar os vosos vídeos musicais facendo algunha das tarefas, podedes envialo a:
Podedes disfrazarvos para facer un vídeo terrorífico.
Ah! Lembrade que sexan vídeos curtos
👻👽💀
Comentarios
Publicar un comentario