Viaxamos a... SUIZA!

 OLA A TODOS!

Xa tiña ganas de viaxar, de descubrir novos países e costumes... vós non? 

Acompañádesme?

Suiza é un país que está situado en Europa Central. Está preto de Italia, Francia, Alemania, Austria e Liechteinstein.


Mirade cantas cousas típicas ten Suiza...

Existen catro idiomas oficiais: alemán, francés, italiano e romanche.

Este é o Himno de Suiza e a súa bandeira é moi sinxela: é unha cruz branca sobre un fondo vermello.

Os Alpes son unha gran cordilleira de montañas que fan que Suiza teña unha paisaxe moi característica. Podemos ir en tren e ver o espectaculares que son estas montañas! 

Viaxeiros ao tren!!!

Uns debuxos animados que contan a historia dunha nena que se vai vivir co seu avó aos Alpes Suizos é Heidi. De seguro os vosos pais a coñecen... preguntádelles, preguntádelles! 😉


Fixáchesvos que cantan facendo uns adornos moi característicos? Ese é o canto tirolés ou YODEL... mirade como fan coa voz...

A trompa suiza é un instrumento típico. Mirade neste vídeo, co címbalo, o contrabaixo e o acordeón.

Un conto que coñecen todos os nenos en Suiza é o de Guillermo Tell. Coñecédelo? 🍎



O compositor italiano Gioachino ROSSINI fixo unha ópera sobre a historia de Guillermo Tell.

O comezo da ópera, a OBERTURA, é esta melodía tan famosa... escoitade, escoitade!


Pero agora imos precisar unhas BAQUETAS que imos formar parte tamén da orquestra. Collede dous paus, dous lápices ou mesmo dúas culleres de pau da cociña... 

Música mestra!!!

Bravo!!!!!

👏👏👏👏👏👏👏👏



Comentarios

Entradas populares