Joaquín Rodrigo

 Case sempre falamos de compositores doutros países e hoxe tráiovos a Joaquín Rodrigo.


Naceu en Sagunto (Valencia) en 1901 e morreu en Madrid en 1999, aínda que viaxou moito durante a súa vida.

De pequeno sufriu unha enfermidade que o deixou cego, o que non lle impediu aprender a tocar o piano e o violín e chegar a ser un dos compositores españois máis recoñecidos.

Preme no seguinte enlace e aprende máis cousas de Joaquín Rodrigo:

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/primaria/musica/rodrigo/HTML/frame.htm

A obra máis coñecida del é o Concerto de Aranjuez. Mira, escoita! 

Que bonito é!😊

Nesta obra o corno inglés e a guitarra teñen especial presencia, a que si?

A guitarra aparece en moitas obras de Joaquín Rodrigo, como nesta "Fantasía para un gentilhombre"

Pero... Que sabes da guitarra???

👏👏👏




Comentarios

Entradas populares