Viaxamos a... Finlandia!

 Ola! Xa estamos en decembro!!!

E xa vai tocando unha viaxe, verdade?

Pero preguntarédesvos... por que Finlandia???


Vamos seguir investigando...👀

Finlandia é un país que pertence a Europa. 

Ao oeste está Suecia; ao leste, Rusia; ao norte está Noruega e polo sur está o Mar Báltico.


A súa capital é Helsinki e a súa bandeira é moi semellante a unha que xa vimos, lembras a cal?

En Finlandia fai moito frío pero realmente paga a pena: ten lugares moi espectaculares. 
E tamén se poden ver Auroras Boreais, como noutro país que xa vimos, lembras?

O que está claro é que nos temos que abrigar moito. Mira, mira...

Siiiii... por iso viaxamos a Finlandia! Porque alí, en Laponia, vive 
Papá Noel durante todo o ano.

Un compositor finlandés moi coñecido foi Jean Sibelius

A Sibelius tanto lle gustaba o seu país que ata lle compuxo unha obra, chamada así: Finlandia
Escóitaa mentres ves estas imaxes tan espectaculares de Finlandia.

Un instrumento típico en Finlandia é o Kantele
É de corda punteada e sona así:

Cantas cousas tan fermosas e sorprendentes ten Finlandia, a que si?


Envía máis información, algún debuxo ou algunha curiosidade deste país, ben a Aula Virtual ou a:


Espero os teus traballos!

🎅🎄🤶


Comentarios

Entradas populares