5º e 6º PECHAMOS O 1º TRIMESTRE POR TODO O ALTO

O mes de decembro sempre é un mes especial. Este ano rematamos o terceiro trimestre cunha morea de actividades. 

En primeiro lugar, levamos a cabo a primeira das catro etapas do Camiño de Santiago que realizaremos este curso. Andrea N. fainos a crónica desa etapa: 

«Camiño de Arzúa»

Por Andrea N. (5º EP)

O pasado día cinco de decembro, os menos e nenas de quinto e sexto foron dende Melide ata Arzúa, coa intención de facer o Camiño de Santiago nos tres trimestres deste curso.

O tempo foi adecuado, porque non choveu e non fixo nin moita calor, nin moito frío. Respecto ao relevo, non houbo moito problema. Si que había baixadas e subidas, pero non puideron con quinto e sexto!!!

Despois de camiñar unhas horas fixemos a primeira parada do día. Foi en Boente, nun bar. Atendéronnos moi ben e deixáronnos comer a merenda que trouxera cada neno/a. E despois diso, a camiñar outra vez!

Non fixemos outra parada ata que chegamos a Ribadiso. Desta vez, paramos para comer nun albergue precioso, e Pili ensinounos as habitación onde dormen os peregrinos cando se aloxan alí. Pasámolo moi ben e estamos desexando que chegue xa o segundo trimestre para facelo outra vez.

Vídeo resumo da etapa: https://www.youtube.com/watch?v=Ya3fr8L9NsM

En segundo lugar, fomos os mensaxeiros do cole e levamos as postais de Nadal á Residencia de maiores de Boimorto

Os maiores recibíronnos con moito agarimo. Pola nosa parte, lémoslles as postais e mesmo cantamos e bailamos panxoliñas. As traballadoras da Residencia ensináronnos as dependencias da Residencia e contáronnos como descorren alí os días dos máis maiores. Tamén escoitamos as súas historias e sorprendeunos moito como era o Nadal de cando eles tiñan a nosa idade. En resumo, resultou ser moi gratificante. Esperemos volver máis adiante a facerlles outra visita. 






En terceiro lugar, o Equipo de Biblio convidounos a unha Chocolatada con Churros no Boby en agradecemento por colaborar coa Biblioteca. Despois diso tivemos o concerto de PAKOLAS. Sempre é unha ledicia velo no cole!









Por último, puidemos recibir ás familias no Festival de Fin de Trimestre. Alí cantamos, bailamos e representamos xunto con Infantil, Primaria e ESO. Foi moi emotivo volver a xuntarnos todos! 

Agora tocan uns días de descanso e celebración coa familia para voltar en xaneiro cheos de ganas de seguir enchendo o curso de momentos e aprender moitas cousas!!!

Vémonos no 2023!!!



Se quedachedes con ganas de ver máis cousiñas que pasaron no centro, pinchade neste enlace do BLOG DA BIBLIO: http://aventurasnabiblio.blogspot.com/2022/12/chegou-o-nadal-ao-centro.html

Comentarios

Entradas populares