VISITA FUTBOLÍSTICA
Noticia Importante
Por Anxo M. (5º E.P.)
O venres estiveron Cano e Parapar do Compostela e Ánxela e Alba do Vitoria. Rifaron gorras, balóns, tazas, unha bufanda e escudos. Dixéronnos que tiñamos que dicir dez cousas que son boas de facer deporte e nós dixémolas. Tamén tiñamos que facer preguntas como por exemplo: Como é a súa alimentación antes dun partido? E tamén, si querían vivir do fútbol. Dixéronnos que si pero Ánxela estudou dereito e é avogada así que non podía e Alba non é avogada pero vive a mesma situación que Ánxela, Parapar e Cano, que si querían, pero ía a chegar un momento que tiñan que traballar.
Unha curiosidade de Parapar é que xogou na liga Suíza en
moitos equipos e Anxela e Alba de pequenas xogaron ó fútbol sala e cambiáronse
a fútbol campo. Elas levan oito anos no Vitoria, e Parapar e Cano chegaron o
ano pasado ó Compostela.
Comentarios
Publicar un comentario