3ª Etapa do Camiño de Santiago: Santa Irene-Lavacolla (San Paio)




O luns 15 de maio foi o día escollido para a realización da terceira etapa do camiño que comezamos en Melide (case nada!)

O día estaba anubrado e tivemos sorte de que non chovera. 

Comezamos o  noso traxecto en Santa Irene, pasando pola súa capela e tamén a fonte que, según conta a lenda, quen bebía dela acadaba a eterna xuventude. 

Merendamos nun pequeno parque en Pedrouzo e comemos nun albergue en O Pino. Debémoslle agradecer ao seu dono que nos brindara unhas mesas e unhas sillas onde o río.

E que ben sentou a comida, xa que despois viña unha etapa de gran desnivel. Tiñamos unha longa costa por diante ate chegar ao aeroporto (previa parada nun posto de recordos do camiño no que moitos compañeiros compraron agasallos).

Rodeamos a pista de aterraxe e por poucas vemos un avión aterrar. Mágoa!

Apenas un par de kilómetros chegamos á fin de etapa: San Paio en Lavacolla. 

Esta vez tamén seguimos co noso propósito de mellorar un pouco a nosa contorna e demos en recoller 6 bolsas de basura, algo que merece ser recoñecido e polo que, ao chegar a Boimorto, puidemos disfrutar duns refrescos no Bobby aos que invitou o cole.

Só doce kilómetros nos separan da chegada a Santiago. Xa non queda nada!




Comentarios

Entradas populares