DE CONCERTO: PULCINELLA E A MÁSCARA MÁXICA
O día 1 de decembro de 2023 todo o alumnado de Educación Primaria foi a Santiago, ao Auditorio de Galicia a ver a representación do Ballet de Igor Stravinsky, Pulcinella.
Velaquí as reseñas dos nosos periodistas do centro e tamén os materiais cos que preparamos a actividade.
Eu de vós non mo perdería!!!
1. Os/as nenos/as de 3º e 4º achégannos a historia de PULCINELLA. Preme no seguinte enlace:
2. Todos xuntos investigamos e elaboramos un panel con información importantísima de PULCINELLA. Ollade!!!
3. Pero ademáis temos as crónicas de como transcorreu a actividade. Que nivel!
Carmen de 6º:
A excursión comezou collendo o autobús as 9:30 diante do colexio, o noso destino era o Auditorio de Galicia, cuxa obra que imos ver é Pulcinella e a máscara máxica representada por Igor Stravinskii.
Antes de entrar ao Auditorio de Galicia fomos dar un paseo e atopar un sitio para merendar, así fixemos tempo porque era moi cedo e a obra comezaba as 12h.
Pulcinella era un home que perdera a súa máscara e non a atopaba. O martes de entroido estaba convidado a un baile e non quería que ninguén o recoñecera, el e Colombina fixeron o imposible para atopar a máscara. Atoparona e foron á festa de entroido sin que ningúen os coñecera. A historia tiña música que tocaba a Real Filharmonía de Galicia. Estivo xenial!!
Despois da obra fomos a Area Central a comer un bocadillo de queixo cunha chocolatina, un plátano e unha botella de auga. A diversión acabase e vámonos todos para a casa.
Comentarios
Publicar un comentario