DÍA DA PAZ - "Bombas Máxicas"
“Bombas Máxicas”
As BOMBAS MÁXICAS son unhas boliñas feitas con materiais naturais (arxila, terra e auga), que conteñen sementes de distintas prantas que brotarán, achegando cor e bos desexos á nosa contorna.
Coincidindo coa instalación do Museo Virtual Fundación María José Jove (MUV), que permanecerá no colexio todo o mes de febreiro, realizamos esta actividade de concienciación co medio ambiente. Por outra parte, tamén pretende sensibilizar ante a terrible situación que se está a vivir no panorama internacional no que respecta a conflitos bélicos.
Vídeo do 30 de xaneiro, cando espallamos as "Bombas Máxicas" pola vila.
- Elaboración das “Bombas Máxicas”:
- MUV (Museo Virtual Fundación María José Jove):
Comentarios
Publicar un comentario